29/12/11

Peculiaridades e tipos de clarinete



Requinto

É un instrumento moi agudo que se usa en bandas de música, agrupacións de clarinetes e de forma menos común, en orquestras.
Un instrumentista que toca calquera outro tipo de clarinete, o feito de tocar o requinto implícalle unha complexidade xa que ó ser tan pequeno os dedos teñen que estar moito máis xuntos.


Clarinete soprano

Cando falamos de clarinete, a imaxe que nos aparece na mente é a do clarinete soprano, xa que é o máis común. As afinacións máis comúns para este tipo de clarinete son Sib e La.


Clarinetes de basset

Os clarinetes de basset son clarinetes creados a partir de outro instrumento o corno di basetto. Este clarinete diferénciase dos demais clarinetes porque poden chegar ata a nota Do no seu rexistro máis grave, cando os demais chegan ata o Mi ou Mib.

A afinación máis común dos clarinetes de basset é La, aínda que tamén se poden atopar en Sib ou en Do.

Clarinete Alto

Foi creado no século XIX, é máis longo ca un clarinete de basset e ten unha campana en curva metálica que fai que se pareza lixeiramente a un saxo. A súa afinación é Mi.

O seu parecido a un saxofón non so se refire á apariencia física, senón que debido á súa afinación e ó seu son, especialmente no rexistro alto e sobreagudo, pódese utilizar como substituto dos saxofóns altos en pequenas agrupacións.

Este instrumento case non se usa na actualidade xa que na maioría de orquestras as súas funcións están cubertas polo clarinete baixo e o saxo alto.


Clarinete Bajo

Comparte forma co clarinete alto pero é moito máis grande. O clarinete baixo teñen un gran uso en agrupacións de clarinetes, orquestras, bandas... e ten, en comparación con outros clarinetes, excepto o soprano, moito repertorio. De tódolos xeitos, moitos clarinetistas baixos usan tamén obras escritas para fagot para completar este repertorio.


A afinación máis común deste instrumento é Sib, aínda que hai clarinetes baixos en La e Do. Dentro do clarinete baixo, ó igual que para contraltos e contrabaixos, encontramos dous modelos: os que baixan ata Mib e os que poden, como os clarinetes de bassett, baixar ata Do.


Clarinete Contralto

Máis grande e máis grave ca o clarinete baixo, é un instrumento afinado en Mib moi parecido ó clarinete contrabaixo. O seu uso é o mesmo que o do clarinete contrabaixo, polo tanto tratámolos na próxima sección.


Clarinete Contrabajo

Aínda un pouco máis grande e máis grave que o clarinete contralto, sendo polo tanto o máis grande e o máis grave de toda a familia. É complexo de atopar, xa que hai poucos fabricantes, e os prezos son prohibitivos. É un instrumento afinado en Sib e é un clarinete de "pedal", igual que o clarinete contralto. Isto quere dicir que se adoita usar para doblar ás tubas, barítonos, contrabaixos ou para facer o baixo de calquera liña melódica en bandas, agrupacións de vento ou de clarinetes. Debido ó seu tamaño e prezo, e a que é un instrumento pouco áxil no rexistro agudo e a que é difícil encontrar repertorio e accesorios son instrumentos que se usan cada vez menos.


Clarinetes Experimentais

Os clarinetes "experimentais" son elaborados por luthiers aínda que no son de uso comercial.

Entre estes destacamos tres:
- O clarinete en cuartos de tono: creado polo luthier alemán Fritz Schüller, que nos permite interpretar particellas compostas en cuartos de tono mediante un instrumento que ten dous tubos (afinados a un cuarto de tono de distancia un do outro) conectados a una soa embocadura. É un clarinete cun mecanismo increiblemente difícil de accionar que nunca foi máis ca un proxecto.

- OctoContralto: É un instrumento que como o seu propio nome indica, está afinado unha oitava por debaixo do clarinete contralto. Solo se fabricaron tres grazas ó luthier G. Leblanc.


- OctoContrabaixo: Tan só existe un, fabricado tamén polo luthier G. Leblanc e inscrito no libro Guinness dos récords como o instrumento orquestral capaz de producir a nota máis grave (un casi-infrasonido chamado Sib -1). Aínda que só se fixo un, existen tres obras para clarinete octocontrabaixo e orquestra.


No hay comentarios:

Publicar un comentario