29/12/11

Qué é o clarinete?


O clarinete é un aerófono de lengüeta simple. Fernando explica no vídeo as súas partes.


O nome de clarinete provén:

O nome formouse ó engadir o sufixo -et, que significa pequeno, á palabra latina clarino, que significa trompeta, e polo tanto o nome final, clarinete, significa pequena trompeta. No Barroco xeralmente utilizábase para substituír a ese instrumento debido á súa capacidade para producir sons máis ricos a nivel de timbre. O timbre do clarinete é rico en matices e posibilidades expresivas; pode emitir calquera matiz extremo en calquera dos seus rexistros, o que fai deste instrumento unha voz sumamente versátil. Ademais é un dos instrumentos cunha das extensións máis grandes no seu rexistro.

Historia:

O clarinete ten a súa orixe nun antigo instrumento popular francés: o chalumeau (salmoé), que era un instrumento de lengüeta simple con sete buratiños. No século XVII Johann Christoph Denner, un clarinetista alemán, agregoulle a este instrumento unha chave para o pulgar da man esquerda, o que lle permitía producir unha nova gama de sons.


Influíron enormemente na evolución do clarinete as aportacións de Böehn. Theobald Böhm ou Behm (Múnich, 9 de abril de 1974-Múnich, 25 de novembro de 1881) foi un músico dedicado especialmente á frauta, compositor, inventor, fabricante de instrumentos e especialista en acústica de orixe bávaro. É coñecido especialmente pola súa labor de perfeccionamento da frauta traveseira e do clarinete. No que se refire ó clarinete creou un método de fabricación e mecanismo de chaves que son os usados na actualidade.

A pesar de que Böhm introducíu numerosos cambios nos instrumentos, nós sinalamos aquí dous dos máis importantes:

-Böhn cambiou a tipoloxía de corpo cónico tradicional pola forma cilíndrica, superando así un dos grandes problemas dos instrumentos tradicionais (con corpo cónico) que era a entoación da oitava.

-O seguinte cambio importante foi a introducción dun novo sistema de chaves. O sistema de orificios tradicional tan só facilitaba a execución a quen o tocaba, pero non melloraba a acústica do instrumento. O novo sistema de chaves, inventado e creado por Böhn, modifica a posición e a dimensión dos orificios do instrumento o que mellora notablemente a acústica do mesmo. O resultado foi un instrumento máis fácil de tocar e cunha tesitura superior aos tradicionais.

Igualmente o clarinete participou na revolución musical que supuxo o jazz: desde a súa integración nas primeiras agrupacións jazzísticas e nas big bands ata a existencia de grandes instrumentistas de jazz que tomaron o clarinete como vehículo de expresión.

Para coñecer máis sobre este instrumento recomendamos visitar o seguinte enlace.


No hay comentarios:

Publicar un comentario