Coñécense máis dunha ducia de saxofóns pero os máis coñecidos e usados son o soprano, o alto, o tenor e o barítono. O saxofón baixo, aínda que non moi empregado, tamén ten interese polo seu grave e potente son. Por outra banda o saxo sopranino é o máis agudo de toda a familia de saxofóns. Cada variante ten as súas cualidades acústicas, o que permite que cada saxofonista dispoña de múltiples posibilidades segundo os seus gustos e necesidades.
De esquerda a dereita, podemos observar o saxo sopranino (o máis pequeno e agudo), o soprano, o alto, o tenor, o barítono e finalmente o saxofón baixo (o de maior tamaño e o mais grave).
O saxofón sopranino é o saxo de dimensións máis reducidas e o máis agudo de todos. Está afinado en Mi b.
O saxofón sopranino é o saxo de dimensións máis reducidas e o máis agudo de todos. Está afinado en Mi b.
Saxofón sopranino
O saxofón soprano ten unha afinación en Si b e o seu rexistro tamén é agudo. Como o anterior ten unha forma similar ó clarinete xa que ten un tubo cónico e dereito. Na orquestra de jazz este saxo é empregado nas partes melódicas, como o clarinete e a trompeta. O saxo sopranino ten un lugar tamén destacado nas bandas militares. Non é un saxo axeitado para os principiantes debido a súa dificultade interpretativa.
Saxofón soprano
O saxofón alto polo seu peso e tamaño é máis axeitado para aprender a tocar o saxofón. Ten un rexistro alto e a distancia que ten entre chaves facilita a súa dixitación. É o saxo máis popular e o empregado dentro das bandas de jazz. Está afinado en Mi b. O saxofón alto xa ten o tubo curvado e o característico perfil dos saxofóns co pabillón acampanado cara enriba (excepto no sopranino e no soprano).
Saxofón alto
O saxofón tenor ou melódico tamén ten o tubo curvado cara enriba. Está afinado en Si b. Xunto co saxo alto e o barítono, o saxo tenor ocupa un lugar privilixeiado nas grandes orquestras de jazz, aportando o seu magnífico son. Polo seu peso e difícil manexo non está recomendado para nenos. O tudel pola súa extensión é moi delicado e pode danarse con facilidade. É de maior tamaño que o saxo alto e ten un rexistro máis grave. Necesítase dunha boa técnica respiratoria para a súa interpretación.
Saxofón tenor
O saxofón barítono está afinado en Mi b. Ten un rexistro grave, é un istrumento grande e pesado, polo que se soe tocar sentado. Aínda que é difícil de tocar por un principiante é moi apreciado no mundo do jazz.Saxofón barítono
Finalmente, o saxofón baixo é o de maior tamaño e o máis grave de todos os saxofóns. O seu tudel acostuma a ter unha forma particular. Está afinado en Si b.
Saxofón baixo
Unha mención especial merece o veritone ou saxofón eléctrico. Non estamos a falar dun instrumento aerófono senón dun electrófono que precisa dun amplificador como complemento necesario. Este instrumento comezouse a construir na década dos 60 e ampliou enormemente as posibilidades acústicas do saxo tradicional xa que o intérprete pode controlar varias funcións e seleccionar unha ampla gama de efectos. Para coñecer máis detalles sobre éste último podedes revisar o seguinte enlace.
No hay comentarios:
Publicar un comentario