Falamos con Alexandre Estalote Alonso, quen fai esta marabillosa interpretación de La Pantera Rosa:
P: Canto fai que tocas o saxofón?
R: Arredor de 5 anos.
P: Que é o que che parece máis complexo do seu manexo?
R: As notas extremas; as notas máis agudas e as máis graves, conseguir tocalas cando queremos.
P: A que outros instrumentos se parece?
R: Ao clarinete sobre todo, son irmáns. Parécese a calquera instrumento de caña simple.
P: Fálame acerca do seu funcionamento.
R: O aire pasa a través da boquilla, fai vibrar a caña e o son transmítese polo instrumento. No seu percorrido polo mesmo o son cambia. Dependendo das chaves pulsadas o aire percorre un maior ou menor treito do instrumento e o son é polo tanto máis grave ou máis agudo. A afinación do son depende moito do intérprete. Segundo como mova a gorxa ou da presión dos beizos sobre a caña conseguirase un son máis grave ou máis agudo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario