23/1/12

O saxofón: orixe e historia



O saxofón, saxófono ou simplemente saxo é un instrumento musical de tipo aerófono que pertence á familia dos instrumentos de vento-madeira. Frecuentemente está construido en latón e xunto co clarinete forman o subgrupo de instrumentos con lengüeta de caña simple.

O saxo é un dos instrumentos aerófonos máis populares e asóciase xeralmente co jazz e coa música das big bands. Os intérpretes deste instrumento son chamados saxofonistas ou máis coloquialmente saxos.

Sobre a orixe deste instrumento sábese que se partíu das limitacións do clarinete para construir un novo instrumento que tivese a forza dun instrumento de metal e as cualidades dun de madeira. O saxofón, a pesar de que está feito de metal, ten un son moi cálido que con frecuencia recórdanos ó son do clarinete, o que fai que se clasifique dentro da familia de vento-madeira. O metal lle proporciona unha maior potencia sonora que a outros instrumentos da mesma familia e tamén lle dota dunha gran versatilidade e capacidade expresiva, o que foi habilmente explotado polos intérpretes da música jazz.


O saxo foi deseñado a mediados do século XIX polo constructor de instrumentos e clarinetista belga Adolfo Sax, como un instrumento híbrido entre o clarinete e os instrumentos de metal. Sax, despois dun intenso traballo de probas para acadar unha maior calidade do son, superando algúns problemas e limitacións acústicas do clarinete, construíu o que hoxe coñecemos por saxofón. Este instrumento foi perfeccionándose durante décadas, fundamentalmente mellorando a mecánica das chaves e o seu deseño. O saxo dende os seus inicios tivo unha gran aceptación nas bandas, incluso no 1854 foi aceptado pola armada francesa, pero foi en pleno século XX cando o saxo acadou o seu maior éxito coa súa incorporación á música jazz, pop e rock e a súa inclusión en prácticamente tódalas bandas. A pesar do éxito acadado polo saxofón en múltiples campos non foi incorporado á orquestra sinfónica, na que raramente é empregado.

Para ampliar información sobre estas cuestiósn é recomendable revisar o seguinte enlace.
Tamén é interesante neste sentido estoutro.
E para ampliar aínda máis podemos revistar esta web, este pdf, este blog ou estoutra páxina (sen dúbida a máis completa).

No hay comentarios:

Publicar un comentario