24/1/12
Interpretación a saxofón Pantera Rosa de Henri Mancini
Falamos con Alexandre Estalote Alonso, quen fai esta marabillosa interpretación de La Pantera Rosa:
P: Canto fai que tocas o saxofón?
R: Arredor de 5 anos.
P: Que é o que che parece máis complexo do seu manexo?
R: As notas extremas; as notas máis agudas e as máis graves, conseguir tocalas cando queremos.
P: A que outros instrumentos se parece?
R: Ao clarinete sobre todo, son irmáns. Parécese a calquera instrumento de caña simple.
P: Fálame acerca do seu funcionamento.
R: O aire pasa a través da boquilla, fai vibrar a caña e o son transmítese polo instrumento. No seu percorrido polo mesmo o son cambia. Dependendo das chaves pulsadas o aire percorre un maior ou menor treito do instrumento e o son é polo tanto máis grave ou máis agudo. A afinación do son depende moito do intérprete. Segundo como mova a gorxa ou da presión dos beizos sobre a caña conseguirase un son máis grave ou máis agudo.
23/1/12
O saxofón: orixe e historia
O saxofón, saxófono ou simplemente saxo é un instrumento musical de tipo aerófono que pertence á familia dos instrumentos de vento-madeira. Frecuentemente está construido en latón e xunto co clarinete forman o subgrupo de instrumentos con lengüeta de caña simple.
O saxo é un dos instrumentos aerófonos máis populares e asóciase xeralmente co jazz e coa música das big bands. Os intérpretes deste instrumento son chamados saxofonistas ou máis coloquialmente saxos.
Sobre a orixe deste instrumento sábese que se partíu das limitacións do clarinete para construir un novo instrumento que tivese a forza dun instrumento de metal e as cualidades dun de madeira. O saxofón, a pesar de que está feito de metal, ten un son moi cálido que con frecuencia recórdanos ó son do clarinete, o que fai que se clasifique dentro da familia de vento-madeira. O metal lle proporciona unha maior potencia sonora que a outros instrumentos da mesma familia e tamén lle dota dunha gran versatilidade e capacidade expresiva, o que foi habilmente explotado polos intérpretes da música jazz.
O saxo foi deseñado a mediados do século XIX polo constructor de instrumentos e clarinetista belga Adolfo Sax, como un instrumento híbrido entre o clarinete e os instrumentos de metal. Sax, despois dun intenso traballo de probas para acadar unha maior calidade do son, superando algúns problemas e limitacións acústicas do clarinete, construíu o que hoxe coñecemos por saxofón. Este instrumento foi perfeccionándose durante décadas, fundamentalmente mellorando a mecánica das chaves e o seu deseño. O saxo dende os seus inicios tivo unha gran aceptación nas bandas, incluso no 1854 foi aceptado pola armada francesa, pero foi en pleno século XX cando o saxo acadou o seu maior éxito coa súa incorporación á música jazz, pop e rock e a súa inclusión en prácticamente tódalas bandas. A pesar do éxito acadado polo saxofón en múltiples campos non foi incorporado á orquestra sinfónica, na que raramente é empregado.
Para ampliar información sobre estas cuestiósn é recomendable revisar o seguinte enlace.
Tamén é interesante neste sentido estoutro.
E para ampliar aínda máis podemos revistar esta web, este pdf, este blog ou estoutra páxina (sen dúbida a máis completa).
Saxofonista na praia de Las Canteras
E para coñecer nomes de saxofonistas famosos e explorar un pouco máis sobre este instrumento, recomendamos visitar o seguinte enlace.
Características do saxofón
O saxo ten varias partes importantes: a lengüeta de caña que vibra para producir o son forma parte da boquilla; a boquilla está seguida do tudel, que é a parte do tubo máis delgada; no corpo do instrumento nos atopamos coas chaves que pola acción do saxofonista permiten ou non saír o aire; a parte curva da parte inferior chámase codo ou culata; e finalmente a parte máis ancha do tubo cónico chámase pabillón. Polo pabillón sae o son do instrumento. No codo e no pabillón tamén hai orificios e chaves. O corpo, o codo e o pabillón están soldados entre sí, polo contrario, o boquilla e a caña poden ser desmontadas do instrumento. A parte dos orificios que nos atopamos no corpo, codo e pabillón hai outro orificio e chave na boquilla, chamada ésta chave de octava.
Partes do saxofón
Tipos de saxofón
Coñécense máis dunha ducia de saxofóns pero os máis coñecidos e usados son o soprano, o alto, o tenor e o barítono. O saxofón baixo, aínda que non moi empregado, tamén ten interese polo seu grave e potente son. Por outra banda o saxo sopranino é o máis agudo de toda a familia de saxofóns. Cada variante ten as súas cualidades acústicas, o que permite que cada saxofonista dispoña de múltiples posibilidades segundo os seus gustos e necesidades.
O saxofón sopranino é o saxo de dimensións máis reducidas e o máis agudo de todos. Está afinado en Mi b.
Saxofón alto
Saxofón barítono
Finalmente, o saxofón baixo é o de maior tamaño e o máis grave de todos os saxofóns. O seu tudel acostuma a ter unha forma particular. Está afinado en Si b.
Saxofón baixo
Unha mención especial merece o veritone ou saxofón eléctrico. Non estamos a falar dun instrumento aerófono senón dun electrófono que precisa dun amplificador como complemento necesario. Este instrumento comezouse a construir na década dos 60 e ampliou enormemente as posibilidades acústicas do saxo tradicional xa que o intérprete pode controlar varias funcións e seleccionar unha ampla gama de efectos. Para coñecer máis detalles sobre éste último podedes revisar o seguinte enlace.