24/1/12

Baker Street a Saxofón

Baker Street a Saxofón

Interpretación a saxofón Pantera Rosa de Henri Mancini




Falamos con Alexandre Estalote Alonso, quen fai esta marabillosa interpretación de La Pantera Rosa:


P: Canto fai que tocas o saxofón?

R: Arredor de 5 anos.

P: Que é o que che parece máis complexo do seu manexo?

R: As notas extremas; as notas máis agudas e as máis graves, conseguir tocalas cando queremos.

P: A que outros instrumentos se parece?

R: Ao clarinete sobre todo, son irmáns. Parécese a calquera instrumento de caña simple.

P: Fálame acerca do seu funcionamento.

R: O aire pasa a través da boquilla, fai vibrar a caña e o son transmítese polo instrumento. No seu percorrido polo mesmo o son cambia. Dependendo das chaves pulsadas o aire percorre un maior ou menor treito do instrumento e o son é polo tanto máis grave ou máis agudo. A afinación do son depende moito do intérprete. Segundo como mova a gorxa ou da presión dos beizos sobre a caña conseguirase un son máis grave ou máis agudo.


23/1/12

O saxofón: orixe e historia



O saxofón, saxófono ou simplemente saxo é un instrumento musical de tipo aerófono que pertence á familia dos instrumentos de vento-madeira. Frecuentemente está construido en latón e xunto co clarinete forman o subgrupo de instrumentos con lengüeta de caña simple.

O saxo é un dos instrumentos aerófonos máis populares e asóciase xeralmente co jazz e coa música das big bands. Os intérpretes deste instrumento son chamados saxofonistas ou máis coloquialmente saxos.

Sobre a orixe deste instrumento sábese que se partíu das limitacións do clarinete para construir un novo instrumento que tivese a forza dun instrumento de metal e as cualidades dun de madeira. O saxofón, a pesar de que está feito de metal, ten un son moi cálido que con frecuencia recórdanos ó son do clarinete, o que fai que se clasifique dentro da familia de vento-madeira. O metal lle proporciona unha maior potencia sonora que a outros instrumentos da mesma familia e tamén lle dota dunha gran versatilidade e capacidade expresiva, o que foi habilmente explotado polos intérpretes da música jazz.


O saxo foi deseñado a mediados do século XIX polo constructor de instrumentos e clarinetista belga Adolfo Sax, como un instrumento híbrido entre o clarinete e os instrumentos de metal. Sax, despois dun intenso traballo de probas para acadar unha maior calidade do son, superando algúns problemas e limitacións acústicas do clarinete, construíu o que hoxe coñecemos por saxofón. Este instrumento foi perfeccionándose durante décadas, fundamentalmente mellorando a mecánica das chaves e o seu deseño. O saxo dende os seus inicios tivo unha gran aceptación nas bandas, incluso no 1854 foi aceptado pola armada francesa, pero foi en pleno século XX cando o saxo acadou o seu maior éxito coa súa incorporación á música jazz, pop e rock e a súa inclusión en prácticamente tódalas bandas. A pesar do éxito acadado polo saxofón en múltiples campos non foi incorporado á orquestra sinfónica, na que raramente é empregado.

Para ampliar información sobre estas cuestiósn é recomendable revisar o seguinte enlace.
Tamén é interesante neste sentido estoutro.
E para ampliar aínda máis podemos revistar esta web, este pdf, este blog ou estoutra páxina (sen dúbida a máis completa).

Saxofonista na praia de Las Canteras



E para coñecer nomes de saxofonistas famosos e explorar un pouco máis sobre este instrumento, recomendamos visitar o seguinte enlace.

Características do saxofón

O saxofón é un instrumento de natureza híbrida. Por unha banda ten unha boquilla de lengüeta simple similar á do clarinete e por outro lado ten un tubo cónico típico da familia dos oboes. Ambas características uníronse para construir un instrumento de gran versatilidade.



O saxo consta dun tubo cónico feito de metal, as veces prateado ou dourado, que conta cunha serie de orificios que son pechados ou abertos mediante un mecanismo de chaves. Na boquilla do instrumento hai unha caña moi similar á do clarinete que vibra cando sopramos por ela. Esta vibración produce o característico son do saxofón. No caso dos saxofóns soprano e sopranino o tubo cónico ten unha forma recta, sen ningún tipo de codo. Polo contrario, nos modelos máis graves o pabillón con forma de campá atópase dobrado cara arriba.

















O saxo ten varias partes importantes: a lengüeta de caña que vibra para producir o son forma parte da boquilla; a boquilla está seguida do tudel, que é a parte do tubo máis delgada; no corpo do instrumento nos atopamos coas chaves que pola acción do saxofonista permiten ou non saír o aire; a parte curva da parte inferior chámase codo ou culata; e finalmente a parte máis ancha do tubo cónico chámase pabillón. Polo pabillón sae o son do instrumento. No codo e no pabillón tamén hai orificios e chaves. O corpo, o codo e o pabillón están soldados entre sí, polo contrario, o boquilla e a caña poden ser desmontadas do instrumento. A parte dos orificios que nos atopamos no corpo, codo e pabillón hai outro orificio e chave na boquilla, chamada ésta chave de octava.


Partes do saxofón



















A extensión total de todos os modelos que integran a familia dos saxofóns abarca cinco octavas e media. Este instrumento ten unha grande flexibilidade de matices e conta cun timbre moi penetrante, dóce e sensual. O rexistro grave é sonoro e intenso, na parte media do rexistro o son é máis cálido e íntimo, e cando imos ascendendo no rexistro agudo o son vaise empobrecendo e perde o seu timbre tan característico.






Tipos de saxofón















Coñécense máis dunha ducia de saxofóns pero os máis coñecidos e usados son o soprano, o alto, o tenor e o barítono. O saxofón baixo, aínda que non moi empregado, tamén ten interese polo seu grave e potente son. Por outra banda o saxo sopranino é o máis agudo de toda a familia de saxofóns. Cada variante ten as súas cualidades acústicas, o que permite que cada saxofonista dispoña de múltiples posibilidades segundo os seus gustos e necesidades.


Na seguinte foto veremos comparativamente os distintos tipos de saxofón:



De esquerda a dereita, podemos observar o saxo sopranino (o máis pequeno e agudo), o soprano, o alto, o tenor, o barítono e finalmente o saxofón baixo (o de maior tamaño e o mais grave).

O saxofón sopranino é o saxo de dimensións máis reducidas e o máis agudo de todos. Está afinado en Mi b.









Saxofón sopranino











O saxofón soprano ten unha afinación en Si b e o seu rexistro tamén é agudo. Como o anterior ten unha forma similar ó clarinete xa que ten un tubo cónico e dereito. Na orquestra de jazz este saxo é empregado nas partes melódicas, como o clarinete e a trompeta. O saxo sopranino ten un lugar tamén destacado nas bandas militares. Non é un saxo axeitado para os principiantes debido a súa dificultade interpretativa.










Saxofón soprano










O saxofón alto polo seu peso e tamaño é máis axeitado para aprender a tocar o saxofón. Ten un rexistro alto e a distancia que ten entre chaves facilita a súa dixitación. É o saxo máis popular e o empregado dentro das bandas de jazz. Está afinado en Mi b. O saxofón alto xa ten o tubo curvado e o característico perfil dos saxofóns co pabillón acampanado cara enriba (excepto no sopranino e no soprano).










Saxofón alto











O saxofón tenor ou melódico tamén ten o tubo curvado cara enriba. Está afinado en Si b. Xunto co saxo alto e o barítono, o saxo tenor ocupa un lugar privilixeiado nas grandes orquestras de jazz, aportando o seu magnífico son. Polo seu peso e difícil manexo non está recomendado para nenos. O tudel pola súa extensión é moi delicado e pode danarse con facilidade. É de maior tamaño que o saxo alto e ten un rexistro máis grave. Necesítase dunha boa técnica respiratoria para a súa interpretación.













Saxofón tenor




O saxofón barítono está afinado en Mi b. Ten un rexistro grave, é un istrumento grande e pesado, polo que se soe tocar sentado. Aínda que é difícil de tocar por un principiante é moi apreciado no mundo do jazz.














Saxofón barítono






Finalmente, o saxofón baixo é o de maior tamaño e o máis grave de todos os saxofóns. O seu tudel acostuma a ter unha forma particular. Está afinado en Si b.













Saxofón baixo







Unha mención especial merece o veritone ou saxofón eléctrico. Non estamos a falar dun instrumento aerófono senón dun electrófono que precisa dun amplificador como complemento necesario. Este instrumento comezouse a construir na década dos 60 e ampliou enormemente as posibilidades acústicas do saxo tradicional xa que o intérprete pode controlar varias funcións e seleccionar unha ampla gama de efectos. Para coñecer máis detalles sobre éste último podedes revisar o seguinte enlace.



29/12/11

Qué é o clarinete?


O clarinete é un aerófono de lengüeta simple. Fernando explica no vídeo as súas partes.


O nome de clarinete provén:

O nome formouse ó engadir o sufixo -et, que significa pequeno, á palabra latina clarino, que significa trompeta, e polo tanto o nome final, clarinete, significa pequena trompeta. No Barroco xeralmente utilizábase para substituír a ese instrumento debido á súa capacidade para producir sons máis ricos a nivel de timbre. O timbre do clarinete é rico en matices e posibilidades expresivas; pode emitir calquera matiz extremo en calquera dos seus rexistros, o que fai deste instrumento unha voz sumamente versátil. Ademais é un dos instrumentos cunha das extensións máis grandes no seu rexistro.

Historia:

O clarinete ten a súa orixe nun antigo instrumento popular francés: o chalumeau (salmoé), que era un instrumento de lengüeta simple con sete buratiños. No século XVII Johann Christoph Denner, un clarinetista alemán, agregoulle a este instrumento unha chave para o pulgar da man esquerda, o que lle permitía producir unha nova gama de sons.


Influíron enormemente na evolución do clarinete as aportacións de Böehn. Theobald Böhm ou Behm (Múnich, 9 de abril de 1974-Múnich, 25 de novembro de 1881) foi un músico dedicado especialmente á frauta, compositor, inventor, fabricante de instrumentos e especialista en acústica de orixe bávaro. É coñecido especialmente pola súa labor de perfeccionamento da frauta traveseira e do clarinete. No que se refire ó clarinete creou un método de fabricación e mecanismo de chaves que son os usados na actualidade.

A pesar de que Böhm introducíu numerosos cambios nos instrumentos, nós sinalamos aquí dous dos máis importantes:

-Böhn cambiou a tipoloxía de corpo cónico tradicional pola forma cilíndrica, superando así un dos grandes problemas dos instrumentos tradicionais (con corpo cónico) que era a entoación da oitava.

-O seguinte cambio importante foi a introducción dun novo sistema de chaves. O sistema de orificios tradicional tan só facilitaba a execución a quen o tocaba, pero non melloraba a acústica do instrumento. O novo sistema de chaves, inventado e creado por Böhn, modifica a posición e a dimensión dos orificios do instrumento o que mellora notablemente a acústica do mesmo. O resultado foi un instrumento máis fácil de tocar e cunha tesitura superior aos tradicionais.

Igualmente o clarinete participou na revolución musical que supuxo o jazz: desde a súa integración nas primeiras agrupacións jazzísticas e nas big bands ata a existencia de grandes instrumentistas de jazz que tomaron o clarinete como vehículo de expresión.

Para coñecer máis sobre este instrumento recomendamos visitar o seguinte enlace.